Novas

Clases de meditación 2026-2027

Compartir

 

Este curso 2026-2027 o Ateneo de Santiago continuará coas clases de meditación, que se desenvolverán ás 19.00 horas na Sala de Actividades do Ateneo de Santiago, todos os mércores nas seguintes datas:
   - 14, 21 e 28 de outubro
   - 4, 11, 18 e 25 de novembro
   - 2, 9 e 16 de decembro
   - 13, 20 e 27 de xaneiro
   - 3, 10, 17 e 24 de febreiro
   - 3, 10, 17 e 31 de marzo
   - 7, 14, 21 e 28 de abril
   - 5, 12, 19 e 26 de maio
   - 2, 9 e 16 de xuño

Ademais da meditación, este ano vaise ler o libro Viviendo en el Presente, de Gil Fronsdal, o cal o propio autor ten dispoñible de xeito gratuíto en Apple Books. Para obtelo en papel existen dúas opcións:
          - Compralo en Casa del Libro.
          - Imprimilo dende Apple Books, indicando no buscador «Viviendo en el Presente, PDF, Gil Fronsdal» e clicando posteriormente no enlace de Insight Meditation Center. Isto leva ao pdf do libro, permitindo descargalo e imprimilo de xeito gratuíto. 

Para aquelas persoas que comecen as clases este curso, é recomendable ter lido con anterioridade algunha das seguintes obras: 
          El Libro del Mindfulness de Bhante H. Gunaratana
          Meditación Satipatthana: una guía práctica de Bhikkhu Analayo
          Mindfulness: Una guía práctica para el despertar espiritual de Joseph Goldstein

Esta actividade é gratuíta e exclusiva para os/as socios/as do Ateneo. O número de prazas dispoñibles é limitado polo que é preciso inscribirse previamente no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal. A admisión de participantes permanecerá aberta ata o mes de decembro. As persoas que queiran incorporarse ao grupo a partir do mes de xaneiro, deberán agardar pola autorización da coordinadora do grupo.