Visita guiada á Casa da Troia

Data
Sábado, 3 de outubro de 2026
Horario
12.00h
Lugar
Casa da Troia
Máis información

Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o xoves, 24 de setembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.

Ateneo Viaxeiro
Compartir

O sábado, 3 de outubro, ás 12.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada gratuíta á Casa da Troia, dentro dos actos para conmemorar o centenario do pasamento de Alejandro Pérez Lugín. 

As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal ata o xoves, 24 de setembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. No caso de inscribirse máis persoas que prazas dispoñibles, as admisións realizaranse mediante un sorteo, que se levará a cabo o luns, 28 de setembro, ás 12h no local social do Ateneo, tendo preferencia de admisión os/as ateneístas. 

O Museo Casa da Troia recrea a antiga pensión estudantil inmortalizada por Alejandro Pérez Lugín na súa novela. Na planta baixa está a recepción, antiga zona de paso; no primeiro andar, o antigo salón-comedor, tamén habilitado como lugar de estudo, e a sala de respecto, unha pequena estancia empregada durante as visitas dos familiares dos estudantes; no segundo andar, os dormitorios, un colectivo e outro individual; e no ático, a cociña, situada na zona alta da casa para aproveitar mellor a luz natural do día e facilitar o desaloxo rápido do fume da lareira, ademais dun pequeno dormitorio. No soto, que antigamente se usaba como corte dos cabalos e na actualidade está dedicado ás Tunas Universitarias, poden admirarse diversos instrumentos musicais, becas, capas, trofeos, fotografías… da estudantina, e conserva as peculiares escaleiras que facilitaban o paso dos cabalos, un dos poucos exemplos que aínda se manteñen na cidade. A casa está ambientada con mobles e útiles da época, destacando tamén instrumental médico e fotografías, cadros e obxectos diversos que pertenceron a algunhas das persoas reais que inspiraron aos personaxes do libro. O museo dispón dunha biblioteca histórica, que se compón de exemplares de distintas edicións da novela «La Casa de la Troya», así como de publicacións de autores relacionados coa obra de Pérez Lugín como Valle-Inclán, Camilo Bargiela, Manuel Casás, Enrique Labarta… e outras de temática compostelá.

Próximos eventos Ver axenda