Conferencia «Carlo Gesualdo, o encanto do disonante» de Stefano Russomanno
- Data
- Luns, 19 de outubro de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso gratuíto ata completar a capacidade da sala
O luns, 19 de outubro, ás 19.30 horas o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela unha conferencia titulada «Carlo Gesualdo, o encanto do disonante», que estará impartida polo Musicólogo Setefano Russomanno.
Esta conferencia pertence Festival de Música Antiga e Barroca, ATENEO BARROCO, configurándose como unha actividade complementaria ao mesmo, un evento musical que se desenvolverá do 6 ao 20 de outubro en diferentes escenarios do patrimonio compostelán.
A figura de Carlo Gesualdo (1566-1613) estivo marcada de maneira indeleble por unha dobre circunstancia: ao asasinato da súa primeira muller, á que sorprendeu en flagrante adulterio, súmase a estraña atracción que exercen os seus madrigais, cuxo libre uso da disonancia lles outorga unha sorprendente, aínda que enganosa, sensación de modernidade.
STEFANO RUSSOMANNO
Estudou musicoloxía na Università degli Studi de Milán con Francesco Degrada. De 2001 a 2018 foi coordinador da sección de música do suplemento cultural do xornal ABC. Na actualidade, é redactor xefe da revista Scherzo. Ten colaborado, entre outras, con institucións como I Pomeriggi Musicali de Milán, Teatro Real de Madrid, Orquestra e Coro Nacionais de España, Festival de Música e Danza de Granada, Fundación Juan March, Auditori de Barcelona, Arquivo Manuel de Falla de Granada e Festival de Música Contemporánea de Estrasburgo. As súas investigacións céntranse preferentemente na música barroca e do século XX. É autor dos ensaios Dante Alighieri y la música (Ediciones Singulares, 2009), La música invisible (Fórcola, 2017), La musa al oído (Fórcola, 2023) e da novela El concierto(Fórcola, 2018). Traduciu e realizou a edición española de El teatro a la moda de Benedetto Marcello (Alianza Editorial, 2001) e traduciu ao castelán o libro El piano soviético de Luca Ciammarughi (Scherzo Musicalia, 2020).
