Conferencia «As Rimas Populares de Galicia e o retorno de don Gaiferos» de Henrique Monteagudo e Diego Rodríguez
- Data
- Luns, 26 de outubro de 2026
- Horario
- 19.30h
- Lugar
- Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela
- Máis información
Acceso exclusivo para ateneístas ata as 19.20h. A partir desa hora acceso libre ata completar a capacidade da sala
O luns, 26 de outubro, ás 19.30h o Ateneo de Santiago ten programada na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, unha conferencia titulada «As Rimas Populares de Galicia e o retorno de don Gaiferos», que estará impartida por Henrique Monteagudo, Presidente da RAG, e Diego Rodríguez, investigador.
A publicación pola Real Academia Galega a principios deste ano do material inédito do proxecto de Manuel Murguía, permítenos en primeiro lugar cambiar a consideración do proxecto de Murguía pero ademáis con el temos que reflexionar sobre o estado do folclore de Galicia na primeira metade do século XIX e en particular dun poema que pasou a ser a clave da discusión académica arredor da fiabilidade de Murguía: Don Gaiferos de Mormaltán. Un tema que trascende ao propio Murguía e ás súas rimas. O presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo e o editor do libro, Diego Rodríguez, falarán dos camiños de debate filolóxico e histórico que o libro abre, con especial dedicación ao disputado romance.
Henrique Monteagudo é Catedrático de Filoloxías Galega e Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, investigador do Instituto da Lingua Galega (USC) e director da Cátedra Castelao da Universidade de Santiago de Compostela. Membro numerario da Real Academia Galega dende 2012, foi o seu secretario e en marzo do ano 2025 foi elixido Presidente da mesma.
Diego Rodríguez (Santiago de Compostela, 1972) medrou en Monforte de Lemos e ten tamén raíces en Beade (Ourense). Licenciado en Xeografía e Historia USC nas especialidades de Historia Contemporánea e Biblioteconomía e Arquivística, é membro correspondente da Real Academia Galega e responsable de Patrimonio e Cultura e bibliotecario da Fundación Barrié.