Visita guiada á exposición «JANNIS KOUNELLIS. Labirinto sen paredes» no Centro Galego de Arte Contemporánea
- Data
- Venres, 13 de novembro de 2026
- Horario
- 11.00h
- Lugar
- Centro Galego de Arte Contemporánea
- Máis información
Unicamente se rexistrarán as inscricións a través do enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal (non se rexistrará ningunha inscrición por teléfono, whatsapp ou outros medios que non sexa o indicado). A data límite para anotarse é o xoves, 5 de novembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude.
Podcast «Laberinto sin paredes» (Los museos de Santiago de Compostela con Maricarmen Sánchez)
O venres, 13 de novembro, ás 11.00h o Ateneo de Santiago realizará unha visita guiada á exposición «JANNIS KOUNELLIS. Labirinto sen paredes», situada no Centro Galego de Arte Contemporánea.
As prazas son limitadas polo que todo aquel que queira participar deberá inscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal ata o xoves, 5 de novembro, admitíndose unicamente a inscrición dun máximo de dúas persoas en cada solicitude. No caso de inscribirse máis persoas que prazas dispoñibles, as admisións realizaranse mediante un sorteo, que se levará a cabo o luns, 9 de novembro, ás 12h no local social do Ateneo, tendo preferencia de admisión os/as ateneístas.
Comisariada por David Barro, esta mostra reflicte a infancia do artista no porto do Pireo e o seu vínculo co mar como espazo de intercambio cultural. Figura clave da arte povera, a obra de Jannis Kounellis (O Pireo, Grecia, 1936 - Roma, 2017) emerxe como un pecio a partir de elementos que aluden á viaxe, á migración e aos medios de transporte marítimos, fundamentais na globalización, aínda que xa case obsoletos. Kounellis expresa morriña pola perda da dimensión poética da viaxe na era industrial e esta sensación de desprazamento físico e emocional está moi presente na mostra.