Novas

Homenaxe a Valle-Inclán

Compartir

 

A Fundación Eugenio Granell convida ao acto simbólico de colocación dunha bufanda vermella na escultura de Ramón María Valle-Inclán na Alameda de Santiago de Compostela, o vindeiro venres 5 de marzo, ás 11.00h, adiantando a celebración desta homenaxe ao inicio da fin de semana, xa que a súa data habitual coincide co domingo 7.

Este acto, que ven realizando a Fundación Eugenio Granell desde o ano 2007, quere establecer unha conexión coa famosa colocación da bufanda branca na estatua de Valle-Inclán, no paseo de Recotelos, en Madrid, o día do teatro; pero neste caso para conmemorar o regreso real e simbólico de Valle a Compostela e a Galicia, a súa terra de orixe.

Para a realización do acto contarase, como todos os anos, coa inestimable colaboración do Museo Valle-Inclán de A Pobra do Caramiñal.