Novas

Asemblea ordinaria de socios do Ateneo de Santiago

Terá lugar o mércores, 24 de marzo, ás 19h en Zoom e no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo. Para asistir de forma presencial haberá que preinscribirse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.com antes do día 21 de marzo. 

Compartir

Segundo acordo da Xunta Directiva do 1/3/2021, o mércores, día 24 de Marzo, terá lugar a Asemblea Xeral Ordinaria de Socios do Ateneo de Santiago, que se celebrará en primeira convocatoria ás 18.00 horas e en segunda convocatoria ás 19.00 horas.

A Asemblea desenvolverase conforme a seguinte Orde do día:

  1. Lectura e aprobación das Actas anteriores.
  2. Información sobre a situación sanitaria e actividades do Ateneo.
  3. Aprobación, no seu caso, do Balance e Conta de Resultados do exercicio 2020
  4. Aprobación, no seu caso, da Liquidación de ingresos e gastos do Ateneo Barroco 2020.
  5. Aprobación, no seu caso, do regulamento e Padroado de Radio Ateneo Podcast.
  6. Convocatoria de eleccións á Xunta Directiva. Aprobación da normativa electoral.
  7. Nomeamento de interventores para o ano 2021.
  8. Rogos e preguntas.

Dada a situación sanitaria, a Xunta Directiva do Ateneo de Santiago acordou que a mesma sexa realizada de forma mixta, presencial no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º de Santiago de Compostela) e telemática a través da plataforma Zoom. Debido ás limitacións da capacidade do Salón, para asistir de forma presencial haberá que preinscribirse no enderezo ateneo@ateneodesantiago.com antes do día 21 de marzo

O voto dos diferentes puntos da Orde do día poderán facerse por correo electrónico ou postal, así como mediante delegación de voto, deica 48 horas antes da celebración da devandita Asemblea no documento de voto achegado coa convocatoria.