Novas

O Foro Cívico de Santiago aproba por unanimidade a proposta de Financiamento da USC elaborada polo Ateneo de Santiago

O Foro Cívico pide un trato financeiro «xusto» para a Universidade de Santiago. Reclaman que a Xunta aumente de forma considerable a súa achega económica á institución

Compartir

 

Na súa última reunión, o Foro Cívico de Santiago analizou a situación da Universidade compostelá (USC) concluíndo que a institución académica necesita un trato financeiro «xusto» que permita a modernización das súas infraestruturas. Por iso, reclaman ás administracións un novo plan de financiamento para todas as universidades galegas que supoña un crecemento importante da achega da Xunta como mostra da aposta clara pola investigación e a innovación.

Tamén reclama o Foro que se establezan fondos de financiamento específicos para os servizos diferenciados da USC, como as residencias ou para a consolidación do persoal de I+D. Ademais, acordaron requirir ao Concello de Santiago que considere «prioritaria» a satisfacción das necesidades da universidade, xa que cualifican á institución como o «verdadeiro motor da cidade».

Ver nova en La Voz de Galicia

Ver nova en Europa Press

Ver nova en El Correo Gallego

Escoitar nova en Radio Voz (día 21 de maio de 2021, a partir do minuto 41). Escoitar audio