Novas

Presentación do libro «El vidrio Roto» no Ateneo de Ourense

Aos socios que asistan ao acto daráselles un libro, xentileza (50 exemplares) do Ateneo de Santiago para os socios do Ateneo de Ourense

Compartir

 

Celebrando o centenario do pasamento de dona Emilia Pardo Bazán, para o vindeiro día 25 de maio de 2021, ás 20.00 horas, o Ateneo de Ourense organiza a presentación do libro El vidrio Roto. Cuentos para las Américas. Argentina de Dona Emilia Pardo Bazán, edición de J. M. González Herrán, a cargo de don Manuel Zabal Lázaro, profesor de Lingua e Literatura Españolas. 

Lugar: Sede temporal do Ateneo de Ourense no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Progreso, 30. 

Debido ás restricións sanitarias, o aforo do salón de actos é de 50 persoas.

Para asistir é obrigatorio cumprir co protocolo establecido polas normas sanitarias.