Novas

O ATENEO DE SANTIAGO RENOVA A SÚA XUNTA DIRECTIVA

A nova Xunta Directiva quedou constituída nunha Asemblea Xeral Extraordinaria celebrada o día de onte, 14 de xuño

Compartir

 

Dende onte e tras as eleccións levadas a cabo na Sede do Ateneo de Santiago constituíuse a súa nova Xunta Directiva para os próximos tres anos e nomeou a Salvador García-Bodaño como Presidente Honorario do Ateneo de Santiago.

A nova Xunta Directa queda dende este momento constituída polos seguintes integrantes: Manuel López-Rivadulla Presidente, Francisco Candela, Vicepresidente, Pilar Sampedro Secretaria e Antón Porteiro Tesoureiro. Entre os vogais figuran Marina Luisa Somoza, Xosé Ramón Pousa, Juana María Otero, José Manuel González Herrán e María del Carmen Sánchez Carrera.

Dentro do programa da nova Xunta Directiva preténdese, entre outros obxectivos, seguir ampliando a base social do Ateneo, reformular e reactivar as Seccións da asociación como motor da programación e debate interno, impulsar novas actividades como son un Festival de Poesía ou a Mostra Internacional de Cinema e Educación, pór en marcha unha Aula de Informática e Novas Tecnoloxías e ampliar a relación con outras Institucións e entidades e a comunicación cos ateneístas.