Novas

Presentación do libro «PASÍN. Memoria dunha resistencia» de José Luis Estévez no Museo do Pobo Galego

O acto terá lugar o xoves, 24 de xuño, ás 19.30h no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego

Compartir

 

O xoves, 24 de xuño, ás 19.30h terá lugar no Salón de Actos do Museo do Pobo Galego a presentación do libro «PASÍN. Memoria dunha resistencia» de José Luis Estévez.

  • No acto participarán:
    Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde de Santiago
    Justo Beramendi, Presidente do Padroado do MPG
    José Luis Estévez, autor
    Luis Pasín Liñares, exconcelleiro e protagonista da obra
    Xerardo Estévez, exalcalde e autor do limiar
    Henrique Alvarellos, editor

O xornalista José Luis Estévez reúne nestas páxinas os fitos dunha vida consagrada a loitar pola democracia e as liberdades: é a «memoria dunha resistencia», a do exconcelleiro compostelán Luis Pasín Liñares (Santiago, 1934), membro dunha familia fondamente ferida polo franquismo e que representou, na transición, unha nova maneira de facer política dende Santiago de Compostela.

Máis información