Novas

XXIV Ciclo de conferencias Avances en Ciencia e Tecnoloxía (RAGC)

Avances recentes no coñecemento do cancro: bases moleculares e aplicacións á clínica

Compartir

 

Datas: Do 6 ao 9 de xullo (O horario específico debe consultarse no Programa de cada xornada)
Lugar: Salón de actos Pazo de San Roque (Rúa San Roque, 2, Santiago de Compostela)
Inscricións: https://bit.ly/3pEcD5b

Coordinador: Dr. Xosé R. Bustelo
• Vicedirector do Centro de Investigación do Cancro de Salamanca
• Membro da Presidencia da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro
• Académico Correspondente da Real Academia Galega de Ciencias

Entidade promotora: Real Academia Galega de Ciencias

PROPÓSITO DO CICLO
O ciclo de conferencias quere dar unha panorámica xeral sobre os avances recentes no cancro cun carácter altamente divulgativo. Darase información recente sobre técnicas e mecanismos moleculares que median a orixe, progresión e respostas clínicas do cancro. Asemade, ofrecerase unha visión de como estes avances teñen un traslado importante á práctica clínica no ámbito do diagnóstico, tratamento e o desenvolvemento da medicina personalizada.

O ciclo, coordinado polo doutor Xosé R. Bustelo, está dirixido á cidadanía en xeral, esixíndose un coñecemento básico científico non avanzado. Sen embargo, a temática terá tamén interese para persoas especializas no campo da Bioloxía, Medicina, Farmacia, Informática e outras áreas asociadas coa Biomedicina.

As charlas estarán impartidas por científicas e científicos de alto recoñecemento nacional e internacional que están a traballar en Galicia ou en España actualmente. Tamén haberá representantes, no caso da táboa redonda, dos pacientes (Asociación Española contra el Cáncer (AECC) da Coruña.

O prazo de inscrición para participar gratuitamente en todas as conferencias está aberto na plataforma Zoom. Todos os participantes poderán solicitar certificado de asistencia.

Programa detallado

Máis información