Novas

Foro Cívico

O Foro Cívico de Santiago ve preciso reivindicar e facer fincapé en varios aspectos do Ano Santo, do Camiño, do Turismo e do Real Padroado

O Foro Cívico iniciará, a partir do próximo mes de setembro, unha rolda de contactos cos distintos representantes municipais no Consorcio de Santiago

Compartir

 

O Foro Cívico ten por obxecto calquera asunto de carácter socio económico que afecte á cidade, e faise eco dos problemas, das necesidades e obxectivos da mesma, poñemos no noso foco, a nosa capacidade de altofalante, para que os cidadáns e os nosos dirixentes tomen conciencia destes, para promover e impulsar cunha visión construtiva e de consenso solución aos mesmos.

Nesta liña de traballo o Foro Cívico reuniuse para debatir e afondar no Ano Santo Xacobeo e o Camiño de Santiago e ve preciso reivindicar e facer fincapé en varios aspectos do Ano Santo, do Camiño, do Turismo e do Real Padroado:

- Ano Santo Compostelán é un evento da Cidade de Santiago. É así que ten que ser a propia cidade a que lidere e promóvao en colaboración coas restantes Administracións, Institucións e solicitando a colaboración doutras entidades públicas e privadas. É preciso coñecer a programación e planificación doAno Santo 2022 e que a organización dos sucesivos Anos Santos conten coa debida anticipación, participación de todos os sectores implicados e adecuada difusión.

- En relación, o Camiño de Santiago, como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, debe ser obxecto de promoción e desenvolvemento con campañas estables que se centren especialmente nos seus aspectos culturais e históricos tratando así de evitar a súa masificación e salvagardando o seu carácter esencial, deixando á marxe campañas de publicitación que veñan desvirtuar o sentido da súa utilización así como o destino final na cidade de Santiago de Compostela.

- O turismo de Santiago non debe converterse exclusivamente nun turismo de excursión e peregrinación como eixo fundamental do seu desenvolvemento, a través da creación dunha oferta turística de baixo nivel, escasa creación de valor e cun alto impacto negativo sobre o centro histórico, declarado Patrimonio da Humanidade.

- Por último e en relación a reunión do Real Padroado da Cidade de Santiago o pasado 25 de Xullo, o Foro Civico valora positivamente a reunión do Padroado da cidade de Santiago, despois de 18 anos sen facelo, e a consolidación do Consorcio de Santiago como órgano de cooperación entre as distintas Administracións Públicas para os próximos anos na perspectiva do 2.032.

O Foro Cívico iniciará, a partir do próximo mes de setembro, unha rolda de contactos cos distintos representantes municipais en dito Organismo, para analizar e avaliar a programación estratéxica definida e a súa  implementación.

Ver novas na prensa:
Onda Cero Santiago
Cope Santiago
Radio Voz (dende minuto 35)
El Correo Gallego
La Voz de Galicia