Novas

Diálogos: Jazz en Compostela

Este acto terá lugar o vindeiro venres, 3 de setembro, ás 20.00h na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Compartir

 

O vindeiro venres, 3 de setembro, o Ateneo de Santiago colaborará no desenvolvemento da conferencia «Diálogos: Jazz en Compostela», que contará coas intervencións de Beatriz Cancela, Alfonso Espiño, Ramón Bermejo e Antón Porteiro.

Esta actividade, que se desenvolverá ás 20.00h na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19), enmárcase dentro da 3ª edición do ciclo Jazz Rúa Nova, promovido por aCentral Folque e realizado coa colaboración do Concello de Santiago e o Ateneo de Santiago, entre outras entidades.