Novas

Viaxe da ADOC a Oviedo - La Bohème

A Asociación de Amigos da Ópera de Compostela está organizando unha viaxe a Oviedo para asistir á representación de La Bohème o venres, 12 de novembro.

Compartir

 

A Asociación de Amigos da Ópera de Compostela está organizando unha viaxe a Oviedo para asistir á representación de La Bohème, que terá lugar na Ópera de Oviedo o venres, 12 de novembro.

Ficha artística: https://www.operaoviedo.com/temporada-21-22/la-boheme-2021/

A oferta dispoñible é a seguinte:
-       Butaca de patio, 177 euros
-       Butaca de principal, 125 euros
-       Butaca de xeral, 40 euros

No caso de pedir máis de 20 entradas, obterase un desconto do 10%, quedando os prezos en 159,60€, 112,50€ e 36€, respectivamente.


As condicións da viaxe ofrecidas pola axencia Sant Yago son as seguintes:

Datas do traxecto: ida o venres, 12 de novembro, con regreso o sábado, 13 de novembro.

Servizos:
Desprazamento en autobús privado para o grupo ida e volta con saída dende Santiago de Compostela.
Aloxamento e almorzo buffet 1 noite no hotel NH Principado, moi próximo ao Teatro Campoamor.
Seguro de viaxe

Prezo por persoa: 126 euros, con suplemento por aloxamento en habitación individual de 38 euros.

As personas que non sexan socias poden participar na viaxe abonando un suplemento de 50 euros.

As personas interesadas deben contactar antes do luns 25 de outubro, ás 13h con Mónica Amoedo Da Silva:
monicaamoedo@e-savia.net
monicadasilva@santyago.es
Viajes Sant Yago, S.A.
Avd. de Vilagarcía, 7
15706 – Santiago de Compostela
Tel: +34 981 599256 // Fax: +34 981 599396 www.viajessantyago.es

Para a compra de entradas deben comunicar no enderezo electrónico amigos@operacompostela.com o número e prezo das que se desexen. Unha vez confirmadas indicarase o medio de pagamento, que deberá facerse efectivo antes do día 29 de outubro, ás 13h. Se o ingreso non se fai nesas condicións, non será posible a adquisición da entrada.

As persoas que estaban inscritas na viaxe a Praga que tivo que ser suspendida pola pandemia poderán empregar as cantidades depositadas na axencia de viaxes.