Novas

Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido

Compartir

 

Con motivo do Día Nacional do Dano Cerebral que se celebra o vindeiro 26 de outubro, desde a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela, organizan diferentes actividades distribuídas ao longo da semana en diferentes concellos da nosa área de actuación.

Todas as actividades teñen como obxectivo visibilizar o Dano Cerebral Adquirido, unha discapacidade pouco coñecida a pesar da grande incidencia que ten xa que provoca máis de 7.000 casos novos cada ano en Galicia.