Novas
Lembranza a Victoriano García-Martí
O acto terá lugar o sábado, 22 de xaneiro, ás 12h na casa da Rúa das Orfas, 17
- Compartir
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE) na celebración do Patrono dos Xornalistas, San Francisco de Sales, realiza o sábado, 22 de xaneiro, ás 12h un acto de descubrimento dunha placa conmemorativa na casa compostelá da Rúa das Orfas, nº 17, onde residiu Victoriano García-Martí (1881-1966), exemplar xornalista e humanista galego de ampla traxectoria intelectual e prestixio alén das nosas fronteiras.