Novas

Conferencia «Unha interpretación federal da autonomía de Galicia» de Ramón Máiz (Asociación Federalista de Galicia)

O acto terá lugar o mércores, 20 de abril, ás 20.00h na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

Compartir

 

O mércores, 20 de abril, ás 20.00h a Asociación Federalista de Galicia ten programada na Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a conferencia «Unha interpretación federal da autonomía de Galicia», impartida por Ramón Máiz, Catedrático de Ciencia Política da USC.

Ramón Máiz, nado en Tenerife en 1953, é licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1975 e doutor pola mesma universidade en 1982, ademais de catedrático en Ciencias Políticas e da Administración da Facultade de Ciencias Políticas, facultade da que foi decano entre 1989 e 1996. É autor de barias obras de ensaio como son O rexionalismo galego: organización e ideoloxía 1886-1907, O sistema político de Galicia. As Institucións, Idea de Nación ou A arte do imposible. Esta última fíxolle gañar en 2010 o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio.

Máis información