Novas
Curso de verán «XIII LECCIONES JACOBEAS INTERNACIONALES EN LA USC. EL CAMINO, EL PEREGRINO Y EL PATRIMONIO ANTE LOS RETOS DE LA COVID-19» da USC
Últimas prazas para matricularse na décimo terceira edición das Leccións Xacobeas do Camiño de Santiago na USC
- Compartir
Curso de verán da USC
Datas: do 19 ao 22 de xullo.
Lugar: Auditorio do Museo das Peregrinacións (Praza das Praterías, Santiago de Compostela)
Este ano o curso conta con seccións dedicadas á repercusión da Covid no Camiño e o seu patrimonio histórico; á muller ao longo da historia no Camiño e o seu papel como estudosa do seu patrimonio; á figura de José Soller, o primeiro peregrino negro documentado no Camiño a finais do século XVII (localizouse a súa Compostela); e ao teatro medieval e á novela histórica vencellados ao camiño.
Igualmente visitarase o patrimonio fluvial compostelán vencellado coa peregrinación da man de expertos da universidade; proxectarase o documental sobre Egeria, peregrina do século IV que se ten por galega e que acode a Terra Santa dende a Hispania romana; e o venres, 22 de xullo, profesores e matriculados no curso farán un tramo do camiño, de Lires a Muxía, onde se visitará o patrimonio xacobeo da zona.
O prazo de matrícula termina o día 8 de xullo.
O curso está aberto a todo o público interesado.