Novas

Conferencia «Leopoldo Rodríguez Alcalde, poeta» de José Manuel González Herrán

Este acto enmárcase dentro do Ciclo de conferencias en homenaxe a Leopoldo Rodríguez Alcalde polo seu centenario

Compartir

 

O vindeiro xoves, 13 de outubro, o Ateneo de Santander inicia un ciclo de conferencias en homenaxe a Leopoldo Rodríguez Alcalde, onde participará o directivo do Ateneo de Santiago José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e profesor emérito da USC, coa conferencia «Leopoldo Rodríguez Alcalde, poeta». 

O acto terá lugar ás 19.00h no Salón de Actos do Ateneo de Santander (Pedrueca, 7, Santander) con entrada libre ata completar a capacidade.