Novas

Conferencia «Federalistas sen Federación. A difícil evolución federal do estado das Autonomías» de Francisco Caamaño (Asociación Federalista de Galicia)

O acto terá lugar o mércores, 26 de outubro, ás 19.30h na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

Compartir

 

O mércores, 26 de outubro, ás 19.30h a Asociación Federalista de Galicia ten programada na Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela) a conferencia «Federalistas sen Federación. A difícil evolución federal do estado das Autonomías», impartida por Francisco Caamaño, Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña.

Francisco Caamaño Domínguez  é licenciado en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor desa universidade ata que en 1993 foi asignado como letrado no Tribunal Constitucional. En 2001 regresou á Universidade de Santiago e en 2002 conseguiu a cátedra de dereito constitucional na Universidade de Valencia, posto onde permaneceu ata 2004, ano en que foi nomeado por José Luis Rodríguez Zapatero secretario de estado de Relacións coas Cortes. En 2008 continuou no mesmo posto logo dunha reforma de goberno, aínda que daquela baixo a denominación de secretaría de Estado de Asuntos Constitucionais e Parlamentarios. Ocupou o cargo de ministro de Xustiza de España entre 2009 e 2011. En 2012 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia pola provincia da Coruña ata 2015 cando anunciou que renunciaba ao seu escano por motivos persoais, coa intención de reincorporarse á docencia na Universidade de Valencia.