Novas
Resultado da enquisa «Principal amenaza ambiental para as Rías», realizada na conferencia de Ricardo Beiras
- Compartir
Votaron 72 persoas pero houbo 111 votos porque varias puxeron máis dunha amenaza.
Verquidos/idem urbanos/augas residuais | 24 | 21,6% |
Plásticos | 22 | 19,8% |
Cambio climático/quencemento da auga | 14 | 12,6% |
Contaminación/idem química/residuos tóxicos | 11 | 9,9% |
Sobre-explotación/sobrepesca | 7 | 6,3% |
Outros | 33 | 29,7% |
Como experimento sociolóxico, en contraste con opinión experta, está sobre-representado na opinión pública o tema dos plásticos (de escasa importancia real), mentres que está infra-representado o problema da ocupación do litoral e os excesos urbanísticos, e atinan bastante co problema dos verquidos de todo tipo, en particular as augas residuais urbanas, en xeral mal depuradas.