Novas

II MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA) - OUTRAS REALIDADES EDUCATIVAS

A II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) desenvolverase do 7 ao 28 de marzo de 2023 en diferentes salas da cidade de Santiago de Compostela como o Teatro Principal e a sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Compartir

 

O cinema posúe unha virtualidade educativa que posibilita e logra cambios significativos na sociedade e, ao tempo, recolle e analiza as distintas problemáticas que se producen no seu seo. Deste xeito convértese nun instrumento moi valioso para proporcionar os elementos necesarios para o debate sobre as finalidades e modalidades educativas que unha sociedade ten que formularse.

A II Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) construíuse arredor do eixo temático de «Outras realidades educativas», co obxectivo de mostrar experiencias educativas moi diferentes das que estamos acostumados a vivir na nosa contorna. Poderemos comprobar que os camiños son distintos pero a educación é sempre o crisol social onde se constrúe o desenvolvemento colectivo e o benestar persoal.

Esta mostra complétase cun conxunto de pezas audiovisuais realizadas nos centros de ensino, procurando así impulsar a creatividade, fomentar a expresión a través dos novos medios e dar a coñecer o traballo levado a cabo neste eido por ensinantes e alumnado. Atendendo a este obxectivo, esta convocatoria vai dirixida a todos os niveis educativos e escolas audiovisuais e deberá cumprir cos requirimentos indicados nas bases.

PROGRAMACIÓN:

CONFERENCIAS E DEBATES
19.30h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Conferencia «A experiencia portuguesa en cinema e educación»
Participa: Daniel Maciel, Coordinador da Conferência Internacional de Cinema de Viana do Castelo
Luns, 13 de marzo de 2023

Mesa redonda «Outras realidades educativas»
Coordina: Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC
Participan:
Camino Pereiro, Directora do CPI Virxe da Cela de Monfero 
Manuel Losada, Director do CFR de Ferrol
Ramón Veiga, Director do IES Félix Muriel de Rianxo
Luns, 20 de marzo de 2023


PROXECCIÓN DE PELÍCULAS
19.00h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)

Nin un menos (Yi ge dou bu neng shao)
Director: Zhang Yimou
China, 1999
Presenta: Xosé Armas, Director do Departamento de Didácticas aplicadas da USC
Martes, 7 de marzo de 2023

Onde está a casa do meu amigo? (Khane-ye Doust Kodjast)
Director: Abbas Kiarostami
Irán, 1987
Presenta: Fernando Redondo Neira, Profesor de Comunicación audiovisual da USC
Martes, 14 de marzo de 2023

Un para todos (Uno para todos)
Director: David Ilundain
España, 2020
Presenta: Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC
Mércores, 15 de marzo de 2023

El chamoume Malala (He named me Malala)
Director: Davis Guggenheim
Emiratos Árabes, 2015
Presenta: Juana María Otero, Psicóloga
Venres, 17 de marzo de 2023

Un pequeno mundo (Un monde)
Directora: Laura Wandel
Bélxica, 2021
Presenta: José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC
Martes, 21 de marzo de 2023

Machuca (Machuca)
Director: Andrés Wood
Chile, 2004
Presenta: Antón Porteiro, Ex-Asesor Técnico na Dirección Xeral de Centros da Consellería de Educación da Xunta de Galicia
Mércores, 22 de marzo de 2023


II PREMIO ATENEO CINEDUCA
19.00h. Teatro Principal
Proxección dos traballos seleccionados
Entrega de Premios e clausura da Mostra
Mércores, 28 de marzo de 2023


Bases do II PREMIO ATENEO CINEDUCA

Díptico

 

NOTA: Estas actividades enmárcanse no programa Cultura por alimentos de Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos, co obxectivo de contribuír, a través de doazóns, a incrementar os recursos dos Bancos de Alimentos de Galicia. Convidamos a todos os asistentes a colaborar con esta campaña solidaria mediante a doazón de alimentos non perecedoiros, os cales se poderán depositar na entrada da sede da Rúa do Vilar.