Novas

FONDO PESAR NO ATENEO DE SANTIAGO POLO FALECEMENTO DO PRESIDENTE HONORARIO SALVADOR GARCÍA-BODAÑO

Compartir

 

No Ateneo de Santiago recibimos con fondo pesar o falecemento do noso Presidente Honorario, Salvador García-Bodaño, na pasada madrugada. 

Salvador García-Bodaño foi un dos impulsores da recuperación do Ateneo de Santiago nesta nova etapa, tras presidilo nos anos 80, volvendo a ocupar o cargo de Presidente durante 13 anos (2008-2021). Tras ser relevado por Manuel López-Rivadulla, o actual Presidente, foi nomeado Presidente Honorario da entidade.

Salvador García-Bodaño desenvolveu o seu labor á fronte do Ateneo de Santiago con dedicación, lealdade e compromiso coa cidadanía, posibilitando o crecemento e consolidación da entidade como un referente cidadán, cunha imaxe e prestixio derivado do bo-facer no impulso de actividades de amplo espectro, abertas ao conxunto da sociedade compostelá.

Dende o Ateneo de Santiago trasladamos as nosas máis sentidas condolencias á súa esposa Xulia, así como a todos os seus familiares.

Salvador García-Bodaño sempre formará parte do Ateneo de Santiago.

 

Artigos:
Poeta de Compostela de Víctor F. Freixanes
Salvador García-Bodaño de Siro
Salvador García-Bodaño, un home de acción e de emoción de Malores Villanueva
García-Bodaño, memoria dunha obra sempre viva de Ramón Nicolás

Noticias:
La Voz de Galicia
El Correo Gallego
20 minutos
Europa Press
Quincemil
Galiciapress
Praza Pública
Galicia Confidencial