Novas

O Ateneo de Santiago participará nos XIII Encontros de Cinema de Viana do Castelo

Miguel Zabalza, Director da Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA), representará ao Ateneo de Santiago na mesa redonda «Cinema na e sobre a educação: O Caso da Galiza», que terá lugar o xoves, 4 de maio

Compartir

 

O xoves, 4 de maio, ás 14.00h terá lugar no Anfiteatro da Escola Superior de Educação de Viana do Castelo unha mesa redonda, organizada dentro da programación de «CINEMA . EDUCAÇÃO . COMUNIDADES» dos XIII Encontros de Cinema de Viana do Castelo, titulada «Cinema na e sobre a educação: O Caso da Galiza», na que participarán Miguel Zabalza, Director da Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) do Ateneo de Santiago e Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC, e Ana Moreiras, membro da organización do Festival Audiovisual Escolar Olloboi e docente/formadora na área da Tecnoloxía e Audiovisual.

Nesta mesa redonda, coordinada por Isa Catarina Mateus, Secretaria de Cinema e Educación da Federación Internacional de Cineclubes, vaise falar sobre o cinema exhibido e producido en contextos de aprendizaxe, centrándose na experiencia galega.

Máis información