Novas

Curso de verán «XIV LECCIÓNS XACOBEAS INTERNACIONAIS NA USC. GEORGIANA GODDARD KING, UNHA PIONEIRA NO CAMIÑO DE SANTIAGO» da USC

O prazo de matrícula remata o día 7 de xullo

Compartir

 

Curso de verán da USC

Datas: do 18 ao 21 de xullo.

Lugar: Auditorio do Museo das Peregrinacións (Praza das Praterías, Santiago de Compostela)

Varios relatorios presentarán as diversas actividades e liñas de investigación (premios e proxectos) da Cátedra do Camiño, analizarase dende múltiples perspectivas o traballo investigador e divulgador de Georgiana Goddard King, proxectarase o filme pioneiro francés de 1951 Camiño de Santiago, de Branthomme, con posterior coloquio sobre o mesmo e finalizarase cunha andaina do tramo Corcubión–Fisterra.

O curso está aberto a todo o público interesado.

Programa completo e máis información