Novas
Clases de meditación 2023-2024

- Compartir
Ao igual que nos pasados cursos, a partir do mércores, 18 de outubro, o Ateneo de Santiago levará o cabo unhas clases de meditación, que se estenderán ata o mes de xuño, consistentes en instrución de meditación e discusión de lecturas.
Este ano utilizaranse dous libros: Meditación Satipatthana: una guía práctica de Bhikkhu Analayo e Mindfulness: una guía práctica para el despertar espiritual de Joseph Goldstein.
As sesións desenvolveranse semanalmente os mércores no Ateneo de Santiago en horario de 19.00h a 20.00h, excepto as dúas primeiras clases (18 e 25 de outubro), que terán lugar de 18.45h a 19.45h.
Para participar é preciso inscribirse previamente no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal. Aqueles/as que formaban parte do grupo no curso anterior deberán manifestar a súa intención de continuar.