Novas
III MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)
A III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) desenvolverase do 4 ao 19 de marzo de 2024 en diferentes salas da cidade de Santiago de Compostela como o Teatro Principal e a sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Compartir
A III Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) céntrase nesta convocatoria na figura dos profesores e profesoras, elemento central en calquera proceso educativo e compoñente habitual dos filmes que tratan de cuestións educativas.
A súa figura e función, así como a súa posición e recoñecemento social, ten variado de forma radical co paso do tempo e as transformacións sociais e culturais acontecidas. O novo rol docente ten, aínda hoxe, perfís moi difusos no que se mesturan a compoñente persoal (as súas características persoais), a profesional (os coñecementos e competencias profesionais), a dimensión ética e de compromiso social e a de empregado (as condicións salariais e organizativas do traballo).
Engadamos a esa complexidade orixinal da profesión docente todo o que as condicións xeográficas, económicas, culturais e sociais supoñen para o exercicio do traballo educativo. Ao final, a profesión docente ten condicións moi especiais que condicionan o seu desempeño que, á súa vez, condiciona o desenvolvemento e formación dos e das estudantes que lle son encomendados. É por iso que son tan importantes.
PROGRAMACIÓN:
CONFERENCIAS E DEBATES
19.30h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Homenaxe a Antía Cal
Conmemoración do Día da Muller
Luns, 4 de marzo de 2024
Conferencia «Professores: libertar o futuro»
António Nóvoa, Reitor Honorario da Universidade de Lisboa
Presenta: Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC
Luns, 11 de marzo de 2024
Mesa redonda «Ser profesor/a no século XXI»
Coordina: Xosé Armas, Director do Departamento de Didácticas aplicadas da USC
Participan:
Xesús Fernández Sulleiro, Profesor de Filosofía de secundaria e Director de instituto
Antía Cores Torres, Mestra de Educación Musical de primaria e membro de Nova Escola Galega
Juan Antonio Castro Maril, Profesor de Xeografía e Historia de Secundaria
Luns, 18 de marzo de 2024
PROXECCIÓN DE PELÍCULAS
19.00h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Profesor Lahzar (Monsieur Lazhar)
Director: Philippe Falardeau
Canadá, 2011
Presenta: José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC
Martes, 5 de marzo de 2024
O taller de escritura (L'Atelier)
Director: Laurent Cantet
Francia, 2017
Presenta: Miguel Zabalza, Catedrático de Didáctica e Organización Escolar e Profesor emérito da USC
Mércores, 6 de marzo de 2024
A profesora de parvulario (The Kindergarten Teacher)
Directora: Sara Colangelo
Estados Unidos, 2018
Presenta: Inés Iglesias Saco, Ex-Directora de educación infantil
Xoves, 7 de marzo de 2024
O profesor (Detachment)
Director: Tony Kaye
Estados Unidos, 2011
Presenta: Fernando Redondo Neira, Profesor de Comunicación audiovisual da USC
Martes, 12 de marzo de 2024
Blue Jean
Directora: Georgia Oakley
Reino Unido, 2022
Presenta: Carmen Fernández Morante, Profesora de Didáctica e Organización Escolar na USC
Mércores, 13 de marzo de 2024
Lunana, un yak na aula (Lunana, A Yak in the Classroom)
Director: Pawo Choyning Dorji
Bután, 2019
Presenta: Felipe Guerra, Membro da Associação AO NORTE (Portugal)
Venres, 15 de marzo de 2024
III PREMIO ATENEO CINEDUCA
19.00h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Proxección dos traballos seleccionados
Entrega de Premios e clausura da Mostra
Martes, 19 de marzo de 2024