Novas
Club de lectura 2024-2025
O prazo de inscrición remata o día 27 de setembro
- Compartir
O Ateneo de Santiago abre o prazo de inscrición para o Club de lectura 2024-2025, o cal terá lugar dous martes ao mes no local social do Ateneo de Santiago en horario de 17.30h a 19.00h, entre outubro e xuño, nas seguintes datas: 8 e 22 de outubro, 5 e 19 de novembro, 3 e 17 de decembro, 7 e 21 de xaneiro, 4 e 18 de febreiro, 11 e 25 de marzo, 8 e 22 de abril, 6 e 20 de maio, 3 e 17 de xuño.
A preinscrición deberá realizarse no enderezo electrónico ateneo@ateneodesantiago.gal ata o día 27 de setembro, tendo preferencia de admisión os membros do club de lectura do último trimestre do curso anterior que asistiron con regularidade.
Esta actividade ten un prezo de 15€/trimestre para as e os ateneístas e menores de 30 anos e 25€/trimestre para as persoas non socias, a aboar en outubro, xaneiro e abril (todas as achegas realizadas ás entidades sen ánimo de lucro declaradas de utilidade pública teñen deducións na declaración do IRPF).
Debido á alta demanda de participación, esixirase un mínimo de asistencia ás sesións.
As sesións estarán coordinadas por Carlos Valdés, editor, ilustrador e tradutor. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense e Máster en edición pola Universidade de Salamanca, é un dos fundadores de Irmás Cartoné, editorial que codirixe desde 2014. Especializado en tradución literaria ao galego e mais ao castelán, traduciu obras de Daniel Defoe, Sherwood Anderson, Katherine Mansfield, Arnold Bennett, Margaret Atwood ou Nella Larsen, así como ensaios de Yannis Varoufakis, Bob Jessop e Wendy Brown, entre outros.A maiores, imparte cursos de escrita creativa e dirixe varios clubs de lectura en Santiago de Compostela.