Novas
Inauguración da tempada 2025 do CDG
Terá lugar o venres, 10 de xaneiro, coa obra «Frágua de amor» de Gil Vicente

- Compartir
O Centro Dramático Galego - Salón Teatro inaugura a programación do Salón Teatro do ano 2025 este venres,10 de xaneiro, ás 20 horas cunha nova entrega do ciclo de teatro en lingua portuguesa Quintas do Camões. A obra FRÁGUA DE AMOR sobre texto do gran GIL VICENTE é unha coprodución a múltiples bandas de Escola da Noite, O Bando do Surunyo, o Centro Dramático Galego, Artway, o Centro Dramático de Évora, o Teatro Académico de Gil Vicente e o Teatro Nacional São João (Porto). Conxunto portugués especializado na música dos séculos XVI e XVII, O BANDO DE SURUNYO son os responsables da parte musical da representación. Este espectáculo teatral é froito dunha constante labor de creación desenvolta polo Centro Dramático Galego dende hai anos cos seus colegas portugueses, que vén dando interesantes resultados.
Prezo xeral: 10€
As/Os ateneístas poden obter un desconto de 3€ no prezo da entrada, presentado o bono de desconto achegado na newsletter a partir das 18h do mesmo venres (dispoñible ata esgotar localidades).
Tamén se pode reservar a entrada ata as 15h do venres, enviando os datos ao enderezo centro.dramatico.galego@xunta.gal e indicando que se é socia/o do Ateneo de Santiago. Estas entradas reservadas poderán recollerse a partir das 18h presentado o bono de desconto.