Novas

Participación da Federación de Ateneos de Galicia na manifestación de Queremos Galego

Compartir

 

A Federación de Ateneos de Galicia, segundo o acordo adoptado na pasada reunión da Xunta Directiva, celebrada na cidade de Vigo o pasado día 31 de xaneiro, sumarase á manifestación de Queremos Galego, que terá lugar o vindeiro domingo, 23 de febreiro, en Santiago de Compostela. 

Baixo unha pancarta co lema «Galego, lingua de éxito», o encontro dos Ateneos será ás 11.30h no Palco da Música da Alameda de Santiago de Compostela.