Novas
Recital poético «O QUE MUTUO SOMOS» con Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco

- Compartir
ALGUÉN QUE RESPIRA! VIII FESTIVAL DE POESÍA PARA CORPO PRINCIPAL
O QUE MUTUO SOMOS
Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco
Xoves, 20 de marzo, 19h, Teatro Principal
Durante tres días, achegámonos á obra de tres poetas que conviven con poetas, nun programa específico do festival onde a poesía e a vida están baixo o mesmo teito. No caso de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, a súa obra crúzase continuamente co seu activismo ou cos proxectos de difusión literaria, en liñas paralelas que –como indica o propio Rodríguez Fer– afondan na temática vital, erótica e libertaria.