Novas
Roteiro urbano científico «Física cíborg»
- Compartir
Martes, 27 de maio de 2025
Dúas quendas: unha ás 10.00h e a segunda ás 18.00h.
Punto de encontro: Facultade de Xeografía e Historia
Duración: 1 hora e media
Público: maiores de 13 anos
Percorrido: dende a Facultade de Historia ata a Facultade de Física
Gratuíto
Inscricións: https://forms.gle/dWVG5HWLiPdpPYfA8
As rutas permiten redescubrir o espazo urbano, dan a coñecer os escenarios da ciencia a través dunha rede de espazos que conforman, por si mesmos, unha verdadeira máquina científica. Pasearemos dende o casco vello ao Campus Sur —percorrido espacial e temporal— e falaremos de: gabinetes educativos, máquinas demostrativas, a gravidade, formación de proletarios, laboratorios privados, espectrometría, sacarímetros, a Guerra Civil, a polarización da luz, a ciencia no franquismo e a informática.