Novas
CINECLUB ATENEO 2026: II CICLO «CINEMA GALEGO DO SÉCULO XXI»
Desenvolverase os martes do 13 de xaneiro ao 3 de marzo ás 19.00h na Rúa do Vilar, 19
- Compartir
Grazas á excelente acollida que nos meses de xaneiro e febreiro de 2025 tivo o Ciclo CINEMA GALEGO DO SÉCULO XXI, a Sección Cineclub do Ateneo de Santiago programou para os meses de xaneiro e febreiro de 2026 o II Ciclo CINEMA GALEGO DO SÉCULO XXI, no que se proxectarán películas dirixidas entre 2016 e 2023 por tres directoras (Jaione Camborda, Paula Cons, Ánxeles Huerta) e tres directores (Óliver Laxe, Alfonso Zarauza, Álvaro Gago), representativos do máis interesante e suxestivo cine galego deste século.
Como fixemos no ciclo de 2025, cada unha das proxeccións será presentada polo seu director ou directora, por algún dos seus intérpretes protagonistas ou por un estudoso do cinema galego, cuxa desinteresada colaboración agradecemos moi sinceramente. Complementariamente, e coa colaboración da Fundación Carlos Velo, dedicaremos unha sesión adicional na que se proxectará algunha das súas películas.
A proxección das películas integrantes do ciclo terá lugar ás 19.00h na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela.
PROGRAMA:
Ons
Alfonso Zarauza, 2020 (87 minutos)
Presentación e coloquio co seu director, Alfonso Zarauza
13 de xaneiro, 19.00h
Arima
Jaione Camborda, 2019 (77 minutos)
Presentación e coloquio coa actriz protagonista, Melania Cruz
20 de xaneiro, 19.00h
La isla de las mentiras
Paula Cons, 2020 (93 minutos)
Presentación e coloquio coa súa directora, Paula Cons
27 de xaneiro, 19.00h
Mimosas
Óliver Laxe, 2016 (96 minutos)
Presentación e coloquio con Iván Villarmea, profesor de Historia do Cine da USC
3 de febreiro, 19.00h
O corpo aberto
Ánxeles Huerta, 2022 (91 minutos)
Presentación e coloquio coa súa directora, Ánxeles Huerta
10 de febreiro, 19.00h
Matria
Álvaro Gago, 2023 (99 minutos)
Presentación e coloquio co seu director, Álvaro Gago
24 de febreiro, 19.00h
Sesión especial de cine de Carlos Velo
Raíces
La tierra del chicle
Presentación e coloquio con Xosé Ramón Pousa, Directivo da Fundación Carlos Velo
3 de marzo, 19.00h