Novas
V MOSTRA INTERNACIONAL DE CINE E EDUCACIÓN (CINEDUCA)
A V Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) desenvolverase do 13 de abril ao 5 de maio de 2026 na sede de Afundación (Rúa do Vilar, 19)
- Compartir
A Mostra Internacional de Cine e Educación (CINEDUCA) pon o foco na Educación, esa función social tan relevante nunha cidade centrada no educativo como é Santiago de Compostela; un territorio amplo e complexo, con moitos axentes implicados e cun impacto global na dinámica cotiá do alumnado, das familias e do conxunto da cidade. Por tal motivo, cada ano CINEDUCA prográmase arredor dun eixo central que permita iluminar un compoñente concreto do mundo educativo.
A quinta edición de CINEDUCA vaise centrar no papel educativo das familias, un tema de enorme relevancia dado que a familia (as familias, en plural, pois son moitas as configuracións familiares que existen na actualidade) é o primeiro niño de crecemento físico, psicolóxico e social (tamén moral) das crianzas.
Moitas películas tratan o tema da vida familiar e fano dende perspectivas e con tonalidades moi diferentes. A través do cine sobre educación nas familias podemos facer un percorrido iluminador por temáticas educativas de grande interese: as aprendizaxes interxeracionais, a transmisión cultural, os roles dentro da familia, a construción da identidade de xénero, a violencia intrafamiliar, a vinculación entre educación e pobreza, a relación coa escola, a desatención ou abandono dos fillos, etc.

PROGRAMACIÓN:
CONFERENCIAS E DEBATES
19.30h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Conferencia «Educar en familia: os desafíos actuais»
Miguel Zabalza, Catedrático emérito da USC
Luns, 13 de abril de 2026
Mesa redonda «Familias e educación: luces e sombras»
Coordina: Xosé Armas, Profesor ad honorem da Facultade de Ciencias da Educación da USC
Participan:
Lois Ferradás, Ex-Decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC
Esther Martínez Piñeiro, membro da Federación Galega de ANPAS
Ana Parada, Pedagoga e orientadora
Luns, 20 de abril de 2026
PROXECCIÓN DE PELÍCULAS
19.00h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Pequena Miss Sunshine (Little Miss Sunshine)
Directores: Jonathan Dayton e Valerie Faris
Estados Unidos, 2006
Presenta: Antón Porteiro, Ex-Asesor Técnico na Consellería de Educación
Martes, 14 de abril de 2026
A caza (Jagten [The Hunt])
Director: Thomas Vinterberg
Dinamarca, 2012
Presenta: Xosé Armas, Profesor ad honorem da Facultade de Ciencias da Educación da USC
Mércores, 15 de abril de 2026
Captain Fantastic
Director: Matt Ross
Estados Unidos, 2016
Presenta: Ana Moreiras, Profesora do IES A Cachada de Boiro e autora de banda deseñada galega
Martes, 21 de abril de 2026
Abel
Director: Diego Luna
México, 2010
Presenta: Mar Lorenzo, Decana da Facultade de Ciencias da Educación da USC
Mércores, 22 de abril de 2026
El Bola
Director: Achero Mañas
España, 2000
Presenta: José Manuel González Herrán, Catedrático de Literatura Española e Profesor emérito da USC
Martes, 28 de abril de 2026
A soidade do corredor de fondo (The loneliness of the long distance runner)
Director: Tony Richardson
Reino Unido, 1962
Presenta: Fernando Redondo, Profesor de Comunicación audiovisual da USC
Mércores, 29 de abril de 2026
V PREMIO ATENEO CINEDUCA
19.00h. Sede Afundación (Rúa do Vilar, 19)
Proxección dos traballos seleccionados
Entrega de Premios e clausura da Mostra
Martes, 5 de maio de 2026
Bases do V PREMIO ATENEO CINEDUCA