Novas
ACTO DE RECOÑECEMENTO CIDADÁ A ÁLVARO GARCÍA ORTIZ
- Compartir
O día 23 de abril, ás sete do serán, na Casa das Máquinas da Rúa de Galeras, en Santiago de Compostela, terá lugar un acto de recoñecemento a Álvaro García Ortiz, como amigo, veciño de Santiago, paisano, fiscal ocupado do medio ambiente e a memoria colectiva, e Ex-Fiscal Xeral do Estado. Convocamos a acompañarnos á veciñanza que se sinta concernida, a quen entenda que Álvaro como persoa e funcionario público merece o noso recoñecemento sincero.
No acto participarán diversos oradores e oradoras de diversos ámbitos cidadás e profesionais, arroupándoo e dando ao acto a calidez e a calidade que Álvaro se merece e ten gañado entre nós. O propio Álvaro pechará o acto.
O grupo organizador: Xoaquín Fernández Leiceaga, Manuel López-Rivadulla, Marta Lois González, Encarna Otero Cepeda, Xesús Veiga Buxán, Lourenzo Fernández Prieto