Novas
CINECLUB ATENEO 2026: O CINEMA DE AKI KAURISMÄKI
Desenvolverase os martes do 12 de maio ao 2 de xuño ás 19.00h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela)
- Compartir
O Ateneo de Santiago iniciará o martes, 12 de maio, un novo ciclo do seu Cineclub, titulado «O cinema de Aki Kaurismäki».
A proxección das películas integrantes do ciclo terá lugar ás 19.00h no Salón de Actos Isaac Díaz Pardo do Ateneo de Santiago (Pr. Salvador Parga, 4-2º, Santiago de Compostela).
Cada unha das sesións será presentada brevemente polos coordinadores do ciclo e estará seguida dun coloquio co público asistente
PROGRAMA:
Sombras no paraíso (Varjoja paratiisissa [Shadows in paradise])
1986 (76 minutos)
12 de maio, 19.00h
Ariel
1988 (70 minutos)
19 de maio, 19.00h
A rapaza da fábrica de mistos(Tulitikkutehtaan tyttö [The Match Factory Girl])
1990 (69 minutos)
26 de maio, 19.00h
Contratei un asasino a soldo (I Hired a Contract Killer)
1990 (79 minutos)
2 de xuño, 19.00h