Novas
Clases de meditación 2026-2027
- Compartir
Este curso 2026-2027 o Ateneo de Santiago continuará coas clases de meditación, que se desenvolverán ás 19.00 horas na Sala de Actividades do Ateneo de Santiago, todos os mércores nas seguintes datas:
- 14, 21 e 28 de outubro
- 4, 11, 18 e 25 de novembro
- 2, 9 e 16 de decembro
- 13, 20 e 27 de xaneiro
- 3, 10, 17 e 24 de febreiro
- 3, 10, 17 e 31 de marzo
- 7, 14, 21 e 28 de abril
- 5, 12, 19 e 26 de maio
- 2, 9 e 16 de xuño
Ademais da meditación, este ano vaise ler o libro Viviendo en el Presente, de Gil Fronsdal, o cal o propio autor ten dispoñible de xeito gratuíto en Apple Books. Para obtelo en papel existen dúas opcións:
- Compralo en Casa del Libro.
- Imprimilo dende Apple Books, indicando no buscador «Viviendo en el Presente, PDF, Gil Fronsdal» e clicando posteriormente no enlace de Insight Meditation Center. Isto leva ao pdf do libro, permitindo descargalo e imprimilo de xeito gratuíto.
Para aquelas persoas que comecen as clases este curso, é recomendable ter lido con anterioridade algunha das seguintes obras:
El Libro del Mindfulness de Bhante H. Gunaratana
Meditación Satipatthana: una guía práctica de Bhikkhu Analayo
Mindfulness: Una guía práctica para el despertar espiritual de Joseph Goldstein
Esta actividade é gratuíta e exclusiva para os/as socios/as do Ateneo. O número de prazas dispoñibles é limitado polo que é preciso inscribirse previamente no enderezo ateneo@ateneodesantiago.gal. A admisión de participantes permanecerá aberta ata o mes de decembro. As persoas que queiran incorporarse ao grupo a partir do mes de xaneiro, deberán agardar pola autorización da coordinadora do grupo.