Novas
Falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado
Comunicado da familia
- Compartir
Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2026
Con profunda dor comunicamos o falecemento de Xosé Manuel Beiras Torrado, unha das figuras máis relevantes da historia política galega contemporánea e referente do nacionalismo galego.
As persoas que desexen renderlle unha última homenaxe poderán facelo na sala de despedida instalada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, que permanecerá aberta desde as 12:00 horas do venres 9 de outubro.
A familia agradece que se respecte a súa intimidade e non acuda ao domicilio familiar. Convida a participar no acto público de homenaxe, aberto á cidadanía que se vai celebrar mañá día 9 ás 16:00 horas no propio Museo.
Ao longo do día de hoxe facilitarase información adicional sobre o acto de homenaxe.
- Ricardo Beiras García-Sabell
- Daniel Beiras García- Sabell