Novas

Comunicado do Ateneo lamentando o peche do Café Derby

Compartir
O pasado 10 de xuño o Ateneo de Santiago enviou aos medios de comunicación o seguinte comunicado lamentando o peche do Café Derby:

"O Ateneo de Santiago lamenta o peche do Café Derby, solicitando que o Concello de Santiago realice as xestións oportunas para protexer non só o edificio senón favorecer a continuidade da función social do establecemento que forma parte da imaxe da cidade, sendo un referente para a cidadanía e mesmo para os visitantes. O Ateneo, segundo un acordo adoptado onte pola Xunta Directiva, considera que a súa desaparición suporía unha perda irreparable, non só para o casco antigo senón mesmo para o patrimonio cultural de Compostela como unha das súas referencias civís ao longo do século XX. Durante máis de noventa anos o café da Praza de Galicia foi, día a día, o marco das relacións sociais de gran parte da cidadanía e o foro no que, en diversas circunstancias políticas, tiveron lugar importantes coloquios de intelectuais, dende Valle-Inclán a Rafael Dieste, acordos culturais e políticos e, perdidos o “Café Español” o “Avenida” e tantos outros, un dos centros para medir o pulso da cidade e un emblema internacional da imaxe de Compostela."

Ver noticia