Novas

Finaliza a instalación do ascensor no Ateneo

Compartir
No día de hoxe, 15 de xuño, as obras de instalación do ascensor no edificio da sede social do Ateneo chegaron á súa fin. Nestas obras tamén se procedeu a acondicionar un baño na sala anterior do acceso ao ascensor na planta baixa.

Con esta instalación, promovida polo Consorcio de Santiago e que desenvolveu a empresa Obras Gallaecia, garántese a accesibilidade universal ás tres plantas do inmoble da Praza de Salvador Parga, sede do Ateneo, do Conservatorio Histórico e da Real Sociedade Económica de Amigos do País.