Novas

Reanúdanse as obras do ascensor no Ateneo

Compartir

Tras o período de paralización das actividades non esenciais o pasado día 30 de marzo, as obras de instalación do ascensor no edificio da sede social do Ateneo reanudáronse a semana pasada, tendo previsto a súa finalización o 31 de maio.





A instalación, promovida polo Consorcio de Santiago e que está desenvolvendo a empresa Obras Gallaecia, garantirá a accesibilidade universal ás tres plantas do inmoble, sede do Ateneo, do Conservatorio Histórico e da Real Sociedade Económica de Amigos do País.