Novas

Informe de audiencias do Ateneo de Santiago (marzo 2020)

Compartir

Segundo os últimos datos analizados na páxina web e nas redes sociais do Ateneo de Santiago (Facebook, Twitter, Instragram e YouTube), elaborouse un informe que amosa a situación na que se atopa agora mesmo o Ateneo en canto á súa comunicación co público, incluíndo unha previsión da tendencia e propostas para avanzar.





No caso das redes e a páxina web, o público alcanzado é cada vez maior.





Actualmente (finais de marzo), Instagram conta con 404 seguidores, un 28,34% deles de entre 35 e 44 anos, ampla maioría mulleres e nun 55,59% de Santiago de Compostela. Os seguidores de Instagram foron aumentando ata agora e a tendencia é que o siga facendo.





No caso de Facebook, conta con 599 seguidores, ao igual que en Instagram, en tendencia de aumento. Na súa maioría son tamén mulleres, como no caso de Instagram, aínda que con menor diferencia. Neste caso, a franxa de idade aumenta, sendo o rango maioritario entre os 45 e os 54, xa que o público ao que vai dirixido Instagram é máis novo que Facebook. Do mesmo xeito que en Instagram, máis da metade dos seguidores son de Santiago.





Twitter, a rede social máis seguida e interactuada do Ateneo, ten actualmente 826 seguidores e segue, como o resto das contas, en aumento. Porén, o medidor de Twitter non ofrece datos específicos dos perfís destes seguidores.





YouTube, aínda que só se utilice para difundir os vídeos dos actos e conferencias, conta con 98 seguidores. No tempo das visualizacións dos vídeos existe un claro aumento nas últimas semanas, posiblemente polo anuncio das conferencias ofertadas con motivo do confinamento. Non podemos coñecer un perfil exacto da audiencia de YouTube xa que o feito de que non haxa que ter unha conta para ver os vídeos fai que todos os usuarios sexan “anónimos”.





Como conclusión xeral extraída do informe podemos dicir que debemos reforzar, entre os contidos publicados polas redes, as fotografías de actos e visitas, moi demandadas polos seguidores. Ademais, é conveniente tratar as diferentes redes sociais como un todo para así centralizar a comunicación, que se compartan seguidores, e comunicalas coa páxina, lugar onde o público pode atopar toda a información dunha maneira rápida e ordenada.