Novas

Semblanza de Ricardo Carvalho Calero por Carmen Blanco na FLIV 2020

Compartir

 

A escritora Carmen Blanco, profesora de Literatura Galega na Facultade de Humanidades de Lugo, pronunciou unha conferencia na Feira do Libro Virtual sobre o polígrafo Ricardo Carvalho Calero, de quen foi alumna de bacharelato en Lugo e de universidade en Santiago de Compostela. Sobre el fixo os libros “Conversas con Carballo Calero” e “Carballo Calero: Política e Cultura”, así como outros numerosos traballos de edición e de estudo.

Carmen Blanco publicou ensaio, poesía e narrativa, en moitos casos, rompendo os límites dos xéneros. Como ensaísta é autora de numerosas obras sobre poder, memoria, muller, sexo e cultura, entre elas “Literatura galega da muller”, “Nais, damas, prostitutas e feirantas”, “O contradiscurso das mulleres”, “Mulleres e independencia”, “Sexo e lugar”, “Feministas e libertarias” ou “Letras lilas”. Publicou tamén traducións, por exemplo de Safo ou de poesía galega na mostra “Extranjera en su patria” en Galaxia Gutenberg e moi numerosas monografías e edicións de autores galegos. Como poeta deu a coñecer “Estraña estranxeira”, “Un mundo de mulleres” e “Lobo amor”, e, como narradora, a recreación de contos clásicos “Vermella con lobos” e a novela de microrrelatos “Atracción total”.