Novas

Filmoteca de Cataluña

Compartir
A Filmoteca de Cataluña vela pola preservación e a difusión do patrimonio audiovisual e da cultura cinematográfica, con especial énfase na catalá. A súas actividades inclúen a conservación e restauración de filmes, fotografías, músicas, libros, revistas, carteis e documentos cinematográficos, así como pezas de museo pertencentes á historia do cine.

Dende 2012, a Filmoteca de Cataluña dispón de dúas novas sedes: o Centro de Conservación e Restauración, que contén a colección cinematográfica formada actualmente por uns 40.000 títulos, tanto en soporte analóxico como dixital; e o o edificio do Raval, que dispón de dúas salas de cine, dous espazos de exposicións e a Biblioteca do Cine coa colección de libros, revistas e arquivos gráficos máis importante de Cataluña. 

Durante a crise sanitaria a Filmoteca de Cataluña puxo varios dos seus fondos fílmicos, documentais, gráficos e pedagóxicos a disposición de toda a cidadanía. 

Ir á Filmoteca de Cataluña