Novas

“El médico de su honra" de Calderón de la Barca pola Compañía Nacional de Teatro Clásico

Compartir

A Compañía Nacional de Teatro Clásico ofrece o visionado da obra de teatro El médico de su honra, representación coa que Adolfo Marsillach iniciou a súa andadura como director da CNTC en 1986. Esta peza estreouse no Teatro Cervantes de Bos Aires o 17 de abril de 1986 dentro da mostra de Teatro español en Iberoamérica, organizada polo INAEM do Ministerio de Cultura.





O vídeo que se ofrece é a revisión do espectáculo que a propia CNTC retomou no ano 1994, cuxa gravación polo aínda coñecido Centro de Documentación Teatral é do ano 1995, apoiándose nalgunhas referencias á montaxe de 1986 a través de fotografías do ano en que se estreou, imaxes do fotógrafo Chicho.





Nesta segunda montaxe hai varias compoñentes que permiten transitar con seguridade a exuberancia barroca dos textos de Calderón; conta cunha impecable versión da obra que chega, contundente, por parte de Rafael Pérez Sierra que se encarga da revisión do texto e debuxa unha linguaxe máis cercana sen desvirtuar en ningún caso o texto orixinal. A dirección de Adolfo Marsillach achega esta traxedia dunha maneira sutil, distante, a veces cínica, para activar no espectador os mecanismos que poñan en cuestión a posesión nas relacióes amorosas e o abuso de poder en cualquera circunstancia. Todo isto magnificamente resolto coa impoñente escenografía de Cytrynowski, onde a través dun tenue xogo xeométrico conseguirá levarnos por sobrios espazos que abrirán camiños diverxentes.





En canto aos actores, un poderoso José Luis Pellicena dará paso a un personaxe atribulado en mans de Carlos Hipólito, que consegue dar ao mesmo personaxe a condición, non só de vítima senón tamén de verdugo; o mesmo ocorre con dona Mencía, maxistralmente interpretada nas dúas versións por Marisa Leza e unha xoven e marabillosa Adriana Ozores. O resto dos dous elencos conseguen, dende un traballo sólido, afondar nesa reflexión calderoniana sobre a liberdade e o sentido da existencia humana. Marsillach reivindica así a forza da ambigüidade e a desazón que provoca ao público o ter que atopar as súas propias respostas. E son estes actores, coa súa arte maxistral, os que nos levan polos rincóns dunha escenografía evocadora, bailando ao son da música composta por Tomás Marco que desperta un imaxinario durmido.






https://youtu.be/8GZV3spHF90




Intérpretes: Manuel Navarro, Arturo Querejeta, Héctor Colomé, Félix Casales, Adriana Ozores, Maribel Lara Carlos Hipólito, Aitor Tejada, Esther Montoro, Sofia Muffiz, Enrique Menéndez, Pedro Forero, Salvador Sanz, José Olmo, Anselmo Gervolés, Ana Casas, Concha Sáez, María Luisa Ferrer.





Máis información