Novas
Bibliotecas das Letras Galegas
- Compartir
O micrositio da Real Academia Galega en Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia facilita o acceso a máis de 800 libros e folletos do século XIX. As obras dixitalizadas suman máis de 120.000 páxinas entre as que se atopan títulos de grandes figuras das letras galegas. O espazo permite un acceso máis sinxelo a edicións históricas de Rosalía de Castro, Curros Enríquez ou Eduardo Pondal, autores esenciais do Rexurdimento, e a libros destacados de autores e autoras que crearon en castelán como Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán ou Sofía Casanova.
Biblioteca da Real Academia Galega en Galiciana
Pola súa banda, o Portal Biblioteca das Letras Galegas da Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes ten por finalidade facilitar aos usuarios da rede obras dixitalizadas da literatura galega de todos os tempos, dende as primeiras manifestacións medievais (séculos XIII-XV) até a actualidade.