Novas

Emisión na TVG da ópera galega "A amnesia de Clío"

Compartir





Esta fin de semana a TVG celebrará o Día das Letras Galegas coa emisión de "A amnesia de Clío", unha ópera en galego composta por Fernando Buide, con libreto de Fernando Epelde, que conta coa dirección escénica de Marta Pazos, a dirección musical de Paul Daniel e o son da Real Filharmonía de Galicia.





Terán lugar 2 pases:





Sábado, 16 de maio, 22.45h. TVG2





Domingo, 17 de maio, 12h. TVG, TVG internacional e crtvg.es





O rol principal, o da musa Clío, interprétao a soprano Raquel Lojendio. O barítono Sebastià Peris desenvolve o rol do expresidente dos Estados Unidos George W. Bush. Pola súa parte, a mezzosoprano Marina Pardo interpreta a Angela Merkel e á sarxento norteamericana Leslie Zimmerman. O elenco de voces complétao o compostelán Orfeón Terra A Nosa, dirixido dende 1984 polo mestre Miro Moreira.





Máis información