Novas

Martes, 19 de maio e 2 de xuño: "La edad de la luz" de Whitney Scharer

Compartir

Os martes, 19 de maio e 7 de xuño, ás 17.30h terán lugar sendas sesións telemáticas do Club de Lectura do Ateneo de Santiago a través da plataforma Skype, na que se analizará a obra «La edad de la luz» de Whitney Scharer.









Modelo de portada, musa de Man Ray e reporteira gráfica durante a segunda guerra mundial, Lee Miller foi unha artista case descoñecida polo público non iniciado. Nesta novela íntima e vibrante, Whitney Scharer recorre as múltiples facetas da vida desta fotógrafa extraordinaria para outorgarlle o merecido recoñecemento que a súa época lle negou. Ademais dunha viaxe polas súas fotografías máis emblemáticas, a obra persorre o París bohemio, cos seus lexendarios cafés, os seus cabarets cargados de fume e as súas festas surrealistas.





Whitney Scharer licenciouse en Literatura Inglesa pola Universidade Wesleyana, conta coun máster en escritura creativa da Universidade de Washington e imparte obradoiros desa materia na área metropolitana de Boston. Os seus relatos teñen aparecido en numerosas revistas, entre as que destacan New Flash Fiction ReviewCimarron Review Bellevue Literary Review. Con La edad de la luz, a súa primeira novela, traducida a máis dunha ducia de idiomas, conseguiu o recoñecemento unánime da crítica.