Novas

Sábado, 25 de abril: Gala At-Home do Met de Nova Iork

Compartir

O Metropolitan Opera de Nova Iork levará a cabo unha gala de grandes estrelas da ópera este sábado 25 de abril. A emisión comezará ás 19h (hora española) e terá unha duración aproximada de tres horas.





Dirixida por Peter Gelb, a que pode considerarse xa como a gala lírica máis grande da historia, será en directo, a excepción dun fragmento gravado previamente polo titular da casa ao piano, Yannick Nézet-Séguin, ao que seguirá a intervención de 40 cantantes líricos, dende os seus respectivos fogares, dispersos polo mundo.





Entre os participantes, nomes como Ildar Abdrazakov (dende Moscú)Roberto Alagna e Aleksandra KurzaK (Le Raincy, Francia)Marco Armiliato (Lugano, Suíza), Jamie Barton (Atlanta, Georgia),Piotr Beczał (Zabnica, Polonia), Angel Blu (Alpone, Nova Jersey), Lawrence Brownlee (Niceville, Florida)Joseph Calleja (Mellieha, Malta)Javier Camarena (Zurich),Nicole Car e Etienne Dupuis (París), David Chan (Closter, Nova Jersey)Anthony Roth Costanzo (Nova Iork), Stephen Costello e Yoon Kwon Costello (Nova Iork)Diana Damrau e Nicolas Testé (Orange, Francia), Michael Fabiano (Bonita Springs, Florida)Renée Fleming (Virginia), Elīna Garanča (Roga, Letonia)Christine Goerk (Teaneck, Nova Jersey), Gunther Groissböck (Lugano, Suíza)Jonas Kaufmann (Munich)Quinn Kelsey (Toronto)Isabel Leonard (Nova Iork)Ambrogio Maestri (Lugano, Suíza)Peter Mattei (Bromma, Suecia)Erin Morley (New Haven, Connecticut), Anna Netrebko e Yusif Eyvazov (Viena)Lisette Oropesa (Baton Rouge, Louisiana)René Pape (Dresde)Ailyn Pérez e Soloman Howard (Chicago, Illinois)Matthew Polenzani (Pelaham, Nova Iork), Anita Rachvelishvili (Tbilisi, Georgia)Golda Schultz (Baviera, Alemania)Nadine Sierra (Valencia)Bryn Terfel e Hannah Stone (Gales), Elza van den Heever (Montpellier)Michael Volle (Berlín) e Sonya Yoncheva (Xenebra).





Tras o show en directo, a gala estará dispoñible baixo demanda ata as 00.30h do día seguinte.





Acceder á Gala At-Home